A nosa oferta educativa.
Escola Infantil María Ana
A Escola Infantil María Ana, situada no centro de Celanova, ofrécelles ás familias un servizo completo de atención aos nenos de 0 a 3 anos. A escola está subvencionada pola Xunta de Galicia e dispón de todas as instalacións necesarias para a atención dos cativos.
- Un amplo horario, de 8 mañá a 18:00 da tarde, permite a conciliación laboral que as familias precisan.
- O persoal da Escola Infantil María Ana, cunha gran experiencia e profesionalidade, atende todas as necesidades dos pequenos durante a súa estancia na escola.
- Gratuidade para o segundo fillo/a da unidade familiar.
Máis información na páxina Escola Infantil María Ana
Educación infantil.
Na etapa da Educación Infantil o método de aprendizaxe baséase na experiencia, no contacto directo co entorno, na actividade continua e a manipulación. Ofrecémoslle ao alumnado un entorno ideal para desenvolver todas as súas capacidades.
- MÉTODO DE APRENDIZAXE MATEMÁTICO ABN.
- OBRADOIRO DE INFORMÁTICA.
- ESTIMULACIÓN TEMPERÁ.
- SERVIZO DE ORIENTACIÓN PEDAGÓXICA E LOGOPÉDICA.
- OBRADOIRO DE COCIÑA.
- PSICOMOTRICIDADE.
- PLURINFANTIL.

Educación primaria.
Na etapa de Educación Primaria buscamos impulsar un proceso de aprendizaxe activa que desenvolva as iniciativas e a creatividade do alumnado, procurando a adquisición de técnicas de traballo e fomentando no alumnado o interese por continuar a súa formación.
- INFORMÁTICA EN HORARIO LECTIVO.
- SERVIZO DE ORIENTACIÓN PEDAGÓXICA E LOGOPÉDICA.
- COMUNICACIÓN CONTINUA COAS NAIS E PAIS DO ALUMNADO.
- SEGUIMENTO PERSONALIZADO DO ALUMNO/A.
- CLASES DE CONVERSACIÓN EN INGLÉS IMPARTIDAS POR PERSOAL NATIVO ESPECIALIZADO.
- PLURILINGÜÍSMO.

Educación secundaria.
Na etapa da ESO o que ofrecemos é unha educación orientada a cada alumno como individuo. Guiamos ao noso alumnado na adquisición das habilidades para acadar información, razoar con claridade e comunicar con eficacia como base para o seu futuro desenvolvemento.
- INGLÉS CON PROFESORES NATIVOS ESPECIALIZADOS.
- PROGRAMAS DE APOIO E REFORZO EDUCATIVO.
- SEGUIMENTO PERSONALIZADO DO ALUMNO/A.
- COMUNICACIÓN CONTINUA COAS NAIS E PAIS DO ALUMNADO.
- PARTICIPACIÓN EN COMPETICIÓNS DEPORTIVAS.
- AULA INFORMÁTICA.
- LABORATORIO.
- SERVIZO DE ORIENTACIÓN PEDAGÓXICA.
- PLURILINGÜÍSMO.
