Nova radio

A radio do cole

Dende o CPR PLURILINGÜE SAGRADO CORAZÓN  estamos a implementar a Radio do Cole. Iremos informando dos nosos avances.

Entrevista a Emma Pedreira.

Emma Pedreira visitou o 24 de outubro de 2025 o noso colexio para falar co alumnado de 4º da ESO sobre a súa obra "Os corpos invisibles". Unha conversa estupenda sobre as mulleres na historia e na literatura. E despois tres dos alumnos de 4º fixéronlle á autora unha pequena entrevista sobre a súa obra. Unha visita estupenda.

Escoita a entrevista