Informacións de interese para o alumnado.



Inicio do procedemento de reserva de prazas nos centros de adscrición. Do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro.

O CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Celanova ten como centro de adscrición para a etapa de Bacharelato ao IES CELSO EMILIO FERREIRO de Celanova. Dende o noso centro o alumnado que este ano cursa o último curso da ESO realizará, con axuda do equipo de orientación e das titoras, o procedemento para a súa reserva de prazas neste centro adscrito.


O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro do 2026, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/


MATRICULACIÓN IES CELANOVA-Celso Emilio Ferreiro.

          Instruccións para a matriculación no IES CELANOVA para o vindeiro curso 2025-2026


1. Acceder á páxina web www.iescelanova.gal.
2. Na pestana Alumnado seleccionar no desplegable o apartado de Impresos de Matrícula.
3. Seleccionar 1º BAC
4. Cubrir o formulario con todos os datos solicitados e ao rematar premer en ENVIAR. Deste xeito, quedará rematado o procedemento de xeito correcto. 
O prazo para enviar a matrícula remata o vindeiro 6 de xuño.
5. Unha vez rematado o curso e entregados os documentos de avaliación final, o alumnado deberá entregar na secretaría do  centro unha fotocopia do DNI, tarxeta sanitaria e xustificante da proposta de título de secundaria (derradeira folla do historial académico).


PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA AO RENDEMENTO ACADÉMICO

          Estes premios están dirixidos ao alumnado que cursase 4º curso de ESO durante o ano académico 2025/26 no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia e que obtivese unha nota media de etapa igual ou superior a 9,00 puntos.

          O prazo de presentación de solicitudes ESTÁ SEN FIXAR PARA O CURSO 2025-2026