Convocatoria de axudas para as familias usuarias do servizo de comedor escolar en centros sostidos con fondos públicos non xestionados pola Xunta, entre eles os centros concertados
Información e tramitación.
O colexio facilitará ás familias interesadas o impreso xustificativo de asistencia ao comedor durante o mes de xullo de 12:00 a 13:00 necesario para a tramitación da axuda.
Quen as pode solicitar?
Familias con alumnado matriculado en 2ºciclo de Educación Infantil e Educación Primaria.
Contía da axuda
Ata 150€ por alumno/a para as familias que cumpran os requisitos económicos establecidos na convocatoria. Pago único.
Prazo de presentación
Do 6 de xullo ao 6 de agosto de 2026.
Tramitación
A solicitude debe realizala a familia a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.Procedemento ED601C