Servizos

Servizos



Comedor escolar.

 Servizo de comedor cun menú equilibrado

e variado.

    O comedor entrará en funcionamento o día 11 de setembro de 2023 ata o 21 de xuño de 2024. Será servido polo catering Pumbariño S. L. e permanecerán tres profesores e un monitor co alumnado para velar polo bo funcionamento do mesmo.

    Se algún alumno ou alumna precisase do servizo esporadicamente non ten máis que avisar ás 10:00h da mañá á coordinadora do comedor.

    Este servizo ten as portas abertas para todos os pais que queiran coñecer o seu funcionamento.


OBXECTIVOS XERÁIS

  • Adquirir hábitos de hixiene antes, durante e despois de comer.
  • Crear hábitos alimentarios saudables.



Atención matinal.

     O día 11 de setembro  comezará o servizo de Atención Matinal do curso escolar 2023-2024 .

     Atención matinal gratuíta para as familias máis madrugadoras.

    Dende as 8:00h da mañá ata o comezo da xornada lectiva e durante todo o curso escolar.

     A hora de entrada ao servizo será a partir das 8:00h pola porta da guardería e a partir das 8:40h pola porta principal, a porta pecharase  ás 9:00h.


    Para solicitar o servizo haberá que entregar a folla de inscripción que lle facilitará o titor.

Actividades extraescolares.

     O centro ofrece unha selección moi variada de actividades extraescolares: música, atletismo, baloncesto, fútbol, baile  ou manualidades. 

   Todas estas actividades son gratuítas e teñen carácter voluntario. O seu horario é de 16:00h a 17:00h todos os días da semana.

     Só se realizarán se hai un mínimo de cinco participantes.


Máis información. 

 

 

Seminarios para a ESO.

      Para mellorar ou afianzar os coñecementos adquiridos na aula e reforzar materias pendentes ofrecemos este servizo de seminarios dirixidos aos estudantes da ESO.

LUNS DE 17:00 A 18:00h.

Matemáticas e F&Q: Raquel Pérez.

Inglés: Begonia González.

XOVES de 16:00 a 17:00h.

Matemáticas 1º e 2º: Sonia Vila.


 


Share by: