O noso colexio.

Un colexio con moita historia.

1897

    A nosa historia está ligada ao Instituto de Relixiosas Franciscanas que chegou a Celanova no ano 1897 para facerse cargo da “Escuela de Niñas”. As relixiosas fundan posteriormente o “Colexio Sagrado Corazón” que atendía no seu internado a alumnas de toda a comarca de Celanova. Este primitivo colexio de alumnas  deu paso a un moderno edificio.

1987

    Primeiro como centro privado e logo acolléndose a diferentes subvencións ,en 1986, o Sagrado Corazón pasou a formar parte  do réxime de concertos educativos.

    No ano 1987 a falta de relixiosas fai que o centro cambie a súa titularidade e sexa dirixido pola “Sociedade Cooperativa Galega Sagrado Corazón”. 

2012

    As diferentes reformas educativas fixeron que o centro ampliase a súa oferta educativa. Coa promulgación da LOGSE implantáronse os estudos de Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO) e creouse ademais a Escola Infantil María Ana.

    No ano 2012 a nosa Cooperativa cumpriu 25 e celebramos esta data con diversas actividades.

ACTUALIDADE

    Na actualidade somos un centro plurilingüe que atende a nenos e nenas dende 0 a 16 anos. Contamos con modernas aulas, todas  adaptadas ás novas tecnoloxías e dispomos de amplos espazos verdes e pistas deportivas.


Un colexio con moita historia.

Share by: